A Costa da Morte terá o primeiro pacto de emprego da provincia. (11-01-2008) A Costa da Morte será a primeira comarca da provincia de A Coruña, que albergue o primeiro pacto territorial de emprego de Galicia. Trátase dunha nova figura de impulso laboral que pon en marcha a Consellería de Traballo, e na que participarán, ademáis da propia Administración autonómica, os concellos, os empresarios e os sindicatos.
Os municipios incluídos na comarca da Costa da Morte son 18, dende A Laracha ata Muros. |