Warning: session_start() [function.session-start]: open(/tmp/sess_499176713138fcb8a900575dc670d061, O_RDWR) failed: Disk quota exceeded (122) in /docroot/ga/comun-web.inc on line 4

Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /docroot/ga/comun-web.inc:4) in /docroot/ga/comun-web.inc on line 4

Warning: session_start() [function.session-start]: Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /docroot/ga/comun-web.inc:4) in /docroot/ga/comun-web.inc on line 4
Novas públicas

Sesións informativas da Cámara de Comercio (21-02-2005)

A Cámara de Comercio de A Coruña organiza, a través da súa Antena Local en Carballo, sendas sesións informativas nas localidades de Baio e Carballo. Ambas as dúas hanse celebrar o vindeiro xoves 24, de 20:30 a 22:30 horas.

A sesión de Carballo tratará sobre a prevención de riscos laborais e as responsabilidades polo seu incumplimiento, e organízase en colaboración con Asepeyo e o Concello de Carballo. O lugar de celebración será o Centro Municipal de Formación, situado na Avenida da Cristina, s/n.

En canto á sesión informativa de Baio, versará sobre a calidade e a competitividade empresarial, e organízase en colaboración coa Federación de Empresarios “Costa da Morte” (FECOM) e Seniors Españoles para la Cooperación Técnica (SECOT). Celebrarase na sede da FECOM, sita no Edificio Empresarial, portal A, s/n. C/Obispo Romero Lema. Baio.

Para ambas sesións informativas, a asistencia é libre e gratuita.

Máis información:

Antena Local Carballo: 981 757 599
FECOM: 981 718 388

# Enlace permanente a esta nova
 

 



Warning: Unknown(): open(/tmp/sess_499176713138fcb8a900575dc670d061, O_RDWR) failed: Disk quota exceeded (122) in Unknown on line 0

Warning: Unknown(): Failed to write session data (files). Please verify that the current setting of session.save_path is correct (/tmp) in Unknown on line 0